A TDT aínda non chega ao 10% da Fonsagrada

luns, 5 de maio do 2008 Marcus Fernández

Repartíronse un milleiro de receptores de TDT na Fonsagrada para facilitar o salto á televisión dixital

O apagamento da televisión analóxica no concello da Fonsagrada, o primeiro de toda España, está a servir de campo de probas dos problemas técnicos que supón o tránsito á televisión dixital terrestre (TDT), pois o 10% do municipio lugués continúa sen cobertura da nova televisión, aínda que están a traballar para solucionar tal situación, o que se podería facer elevando unha das torres e instalando algúns microrreemisores máis para evitar as zonas de sombra.
O alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, agarda que estes problemas se solucionen este verán grazas ás intervencións de Retegal, confirmando que esta experiencia piloto terá unha grande utilidade para futuras instalacións.