A TDT chegará ao 88% da poboación española no verán

martes, 3 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O director xeral de Abertis Telecom, Tobías Martínez, estima que en agosto a Televisión Dixital Terrestre chegue en España ao 88% da poboación, no que sería un avance importante de cara ao apagamento analóxico de 2010, aínda que considera necesario continuar informando aos cidadáns sobre este cambio tecnolóxico.
Martínez tamén asegura que os momentos máis difíciles chegan agora, xa que as poboacións ás que agora hai que achegar a infraestrutura que leva o sinal da TDT están fóra das grandes cidades, e precisan unha infraestrutura moito maior.
Abertis Telecom deberá despregar radiodifusores para garantir o 96% de cobertura da TDT, dando a entender que chegar ao 100% da poboación é imposible (hoxe tampouco existe coa televisión analóxica).