A Tokyo Game Show amosou as novidades do mundo dos videoxogos
luns, 24 de setembro do 2007- Grande afluencia de público na TGS deste ano
A acumulación de feiras de videoxogos en apenas 3
meses fixo que a edición deste ano do Tokyo
Game Show non contase con moitas novidades, xa que se limitou a amosar
novas versións dos avances que xa se viran en EE.UU. e en Alemaña, pero coa
grandeza que teñen as celebracións niponas, con 1.735 expositivos repartidos en
54.000 metros
cadrados, onde se verÃan máis de 700 videoxogos.
Os primeiros dÃas do evento estaban reservados a uns 25.000 profesionais do
sector, pero durante a pasada fin de semana puido asistir o público xeral, de
xeito que se
disparou a cantidade de asistentes ata as 90.000 persoas, o que provocou
que os afeccionados tiveran que agardar longas colas para poder ver adiantos
dos tÃtulos que chegarán nos vindeiros meses.
- Non faltaron as mozas disfrazadas de personaxes de videoxogo
O evento respectou a tradición de amosar o último no lecer electrónico nun
contorno ateigado de xente e adornado por atractivas azafatas que en moitas
ocasións Ãan disfrazadas de personaxes de videoxogos, o que as convertÃa en
obxectivo de tódalas cámaras fotográficas que por alà habÃa.
A principal novidade que se anunciou na feira deste ano foi o lanzamento dunha
nova versión do mando da PS3 (coñecido coma Dual Shock 3) que finalmente
integra vibración, o que non quedou libre de crÃticas, xa que Sony anunciara
que era imposible integrar tal tecnoloxÃa no mando SixAxis cando todo apunta a
que o problema técnico respondÃa a un conflito de patentes que se debÃa
solucionar economicamente.
Entre os adiantos da feira estivo un novo trailer de Metal Gear Solid 4, o anuncio de Final Fantasy XIII para PS3, Metal
Slug 7 para Nintendo DS, Unbrella Chronicles para Wii ou o Virtua Fighter 5: Live Edition para Xbox
360. Ou sexa, un pouco do de sempre, pero un amargo sabor que dá a entender que
este tipo de feiras, peso ó seu éxito de público, está a vivir unha crise
importante, que poderÃa levar a un cambio de dirección no futuro, cando menos,
no tocante ó calendario anual.