A Wii terá o seu propio xogo de tenis de mesa

xoves, 26 de xullo do 2007 Marcus Fernández

JPEG - 27.5 KB
Imaxe do Table Tennis para Xbox 360

Rockstar Games desenvolveu para Xbox 360 o xogo Table Tennis, que tivo unha aceptación moi grande permitindo ó usuario botar unha realista partida ó tenis de mesa, xogo xa popular en consolas e máquinas recreativas dende os tempos do Ping Pong de Konami (creado en 1985). É precisamente este éxito (o xogo chegara a ser considerado coma o mellor título deportivo durante o E3 celebrado en 2006) o que fixo que os afeccionados pedisen unha versión adaptada á Nintendo Wii, que podería achegar máis diversión valéndose do popular Wiimando, polo que dende Rockstar xa están a traballar na conversión do xogo para que chegue ás tendas no outono.
Resulta evidente o atractivo de utilizar un mando sensible ó movemento para xogar ó tenis de mesa, pois sería unha experiencia moi semellante a unha partida de verdade, aínda que aforrando o esforzo nas pernas. De feito, o tenis xa era un dos 5 xogos incorporados ó Wii Sports, polo que o éxito do tenis de mesa na última consola de Nintendo ten moitas bazas para converterse nunha realidade antes de rematar o ano.


Análise (en inglés) do Table Tennis para Wii

PUBLICIDADE