A Xbox 360 acada uns importantes resultados

luns, 25 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Imaxe de Gears of War 2

Durante o Game Developers Conference se deron a coñecer os vindeiros lanzamentos que fará Microsoft no mundo das consolas de videoxogos nos vindeiros meses, destacando que para Xbox 360 sairá en exclusiva o xogo Gears of War 2, que pretenderá coller o relevo da súa anterior e exitosa primeira entrega.
Pero os resultados da Xbox 360 foron aínda un anuncio máis importante, pois a xente de Microsoft informou de datos realmente positivos para esta consola de videoxogos, que xa tería vendido 20.000 millóns de Puntos Microsoft (o que supoñen uns ingresos de máis de 250 millóns de dólares), a comunidade de Halo subiu xa máis de 100.000 contidos xerados polos xogadores, o número de cancións descargadas para o xogo Rock Band superou os 3 millóns e, finalmente, antes de rematar o ano a plataforma Xbox 360 contará con máis de mil videoxogos, establecendo o mellor catálogo entre as consolas de nova xeración.

PUBLICIDADE