A Xbox 360 xa acepta memorias USB coma unidades de almacenamento

martes, 6 de abril do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios da Xbox 360 pode actualizar a partires de hoxe o Dashboard da súa consola, o que supón a incorporación dunha prestación moi agardada: a posibilidade de aproveitar memorias USB coma unidades de almacenamento nas que gardar dende partidas ata contidos descargables, o que agradecerán os usuarios que non teñan disco duro ou que desexen ampliar a súa capacidade.
Para facer uso desta nova prestación pódense preparar as memorias USB dende o menú da consola ata ocupar un mínimo de 1 Gb e un máximo de 16 Gb das mesmas (e podendo utilizar ata 2 á vez), existindo tamén no mercado unidades do fabricante SanDisk que veñen pre-configuradas de fábrica.
A compatibilidade de memorias USB con esta nova característica da Xbox 360 é moi ampla, pero recoméndase a adquisición de unidades rápidas para ter un bo rendemento. Os usuarios que desexen unha capacidade de almacenamento superior tamén poderán atopar nas tendas en breve discos duros de Microsoft para a súa consola cunha capacidade de 250 Gb.

PUBLICIDADE