A Xbox One S poderá mercarse con Assassin’s Creed Origins a partires do día 27

xoves, 5 de outubro do 2017 Marcus Fernández

O xogo Assassin’s Creed Origins, que traslada a saga ao antigo Exipto, o que permitiranos explorar as grandes pirámides e descubrir tumbas perdidas e enfrontarnos a inimigos épicos nun amplo territorio, non só estará dispoñible de xeito independente, senón que tamén contará coa opción de poder mercarse cunha consola de nova xeración de Microsoft, o que é unha boa oportunidade para dar o salto a Xbox One a un prezo atractivo, xa que confirman que o 27 de outubro teremos lotes de Xbox One S de 500 GB e 1 Tb co xogo ao prezo habitual que teñen estas consolas de xeito independente.
A Xbox One S de 500 GB (á venda por 279,99 euros) inclúe un código de descarga para facerse con Assassin’s Creed Origins, mentres que a versión con disco duro de 1 TB tamén inclúe o código de descarga para Tom Clancy’s Rainbow Six Siege, facendo o lote aínda máis atractivo, xa que por 349,99 euros teríamos unha magnífica consola e dous xogos.
Cómpre lembrar que a Xbox One S é unha revisión da Xbox One orixinal, optimizada para reducir o seu tamaño e consumo enerxético, á vez que tamén integrou reprodutor de Blu-ray 4K e compatibilidade con HDR, de xeito que é unha solución moi interesante para que teña un televisor de última xeración e queira aproveitalo tanto para xogar como para gozar de contidos multimedia en discos físicos e plataformas en liña como Netflix.

PUBLICIDADE