A Xbox One comeza a correr xogos da Xbox orixinal
luns, 23 de outubro do 2017
- Os xogos da Xbox orixinal melloran substancialmente ao correr en Xbox One
A partires de mañá o programa de xogos retrocompatibles en
Xbox One amplÃase, de xeito que xa non só poderemos gozar de tÃtulos de Xbox
360 en consolas da seguinte xeración, senón que tamén será
posible empregar nas novas consolas os xogos da Xbox orixinal, ou sexa, que
na máquinas actuais poderemos gozar de tÃtulos de tres xeracións consecutivas,
non deixando a cousa aÃ, senón que tamén apuntan o feito de que a futura Xbox
One X (á venda a partires do 7 de novembro) tamén poderán gozar de xogos de
Xbox 360 con importantes melloras de resolución e con máis detalles de cor de
estaren optimizados para a nova consola.
Resulta impresionante ver como Microsoft está a coidar o poder gozar de xogos
vellos nas novas consolas, sen esixir a adquisición dunha versión remasterizada, facendo asà que cando
unha consola como a Xbox One X chega ao mercado poida gozar de parte do
catálogo de Xbox e Xbox 360, e o catálogo completo de Xbox One, evolución que
pode lembrarnos ao que habitualmente pasa cos xogos para PC.
Volven os clásicos da Xbox orixinal
Como acontece cos xogos de Xbox 360, que os xogos da Xbox
orixinal funcionen en Xbox One non é algo automático, e é necesario que se
vaian incorporando a un catálogo en liña os parches necesarios para a súa
adaptación, comezando esta nova retrocompatibilidade con 13 xogo que
multiplicarán por 4 a súa resolución ao correr en Xbox One e por 16 no caso da
Xbox One X. Os xogos poderán estar en disco ou terse mercado a través da tenda
dixital de Microsoft, aÃnda que no caso dos tÃtulos que conten con modos
multi-xogador en liña resulta evidente que non funcionarán esas funcionalidades
xa que os servidores que atenden a esas conexións levan bastantes anos
desconectados.
Os primeiros xogos de Xbox en correr en Xbox One serán BLACK, BloodRayne 2, Crimson Skies: High Road to Revenge, Dead to
Rights, Fuzion Frenzy, Grabbed by the Ghoulies, King of Fighters Neowave, Ninja
Gaiden Black, Prince of Persia: The Sands of Time, Psychonauts, Red Faction II,
Sid Meier’s Pirates! e Star Wars:
Knights of the Old Republic. Unha magnÃfica selección de clásicos que irá
medrando progresivamente como aconteceu co catálogo de retrocompatibles de Xbox
360 (que xa superou os 400 tÃtulos).
Star Wars: Knights of the Old Republic serve de exemplo para ver a mellora gráfica dun xogo da Xbox orixinal correndo en Xbox One
Melloras para os xogos de Xbox 360
AÃnda que os xogos de Xbox 360 ao correr en Xbox One xa recibÃan algunhas melloras, os usuarios que poidan gozar dos mesmos nunha Xbox One X tamén verán como aproveitan que a consola é de ultra alta definición, de xeito que moverán 9 veces máis pÃxeles en pantalla sen que haxa que remasterizalos, coa simple aplicación dun método empregado no propio emulador que permite correr estes xogos en consolas da xeración seguinte. Unha grande nova para os futuros propietarios da Xbox One X, que non só terán os mellores gráficos nunha consola da presente xeración, senón que tamén poderán ver mellor xogos de Xbox 360 e Xbox One grazas á grande potencia da nova máquina.
Podemos ver como o Halo 3 de Xbox 360 mellora considerablemente ao correr en Xbox One X