A Xbox One contará cun novo mando de camuflaxe

mércores, 18 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Non é ningunha novidade que nas consolas Xbox teñen grande éxito os shooters, de aí que tampouco debería sorprender que teñan boa acollida os mandos de xogo de camuflaxe, e atendendo a esta demanda Microsoft anuncia que a partires do 14 de agosto porá á venda o Xbox Wireless Controller – Armed Forces II Special Edition, a un prezo de 69,99 dólares (espérase que o prezo en España sexa de 69,99 euros).
Esta mando está decorado cun patrón de camuflaxe moderno e ten certa textura nas zonas de agarre para unha maior comodidade. Ao estarmos ante un mando de Xbox One de última xeración, tamén permite a conexión de auriculares na súa toma de 3,5 milímetros e conta con conectividade Bluetooth, o que facilita o seu uso en ordenadores persoais e tabletas.

PUBLICIDADE