A Xunta activa o servizo de de emisión de certificados a través da súa sede electrónica

luns, 20 de febreiro do 2017 Redacción

A Xunta activa o servizo de emisión de certificados a través da súa sede electrónica, segundo se recolle nunha resolución conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), publicada hoxe no DOG. A partir de mañá xa será posible obter o título de familia numerosa e o certificado de discapacidade de xeito automatizado a través da sede, sen necesidade de desprazarse ata as unidades administrativas correspondentes.
Estes certificados pódense obter en formato electrónico desde calquera lugar e en calquera momento, no apartado Obtención de certificados da sede, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
Paulatinamente, iranse incorporando máis certificados co obxectivo de facilitar e axilizar as xestións administrativas e reducir tempos e custos. Na actualidade cidadanía e empresas poden obter diversos certificados da Administración en soporte papel, o que implica un dobre custo: o do desprazamento para o cidadán e o de elaboración e emisión do documento para a Administración

PUBLICIDADE