A Xunta asegura que se repectan os prazos da TDT en Galicia
martes, 12 de agosto do 2008
Ante as denuncias do PP sobre
o retraso da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, a SecretarÃa Xeral de
Comunicación da Xunta lembrou que somos
a comunidade autónoma que máis financiamento estatal recibiu para o
despregamento da TDT en 2008, cun total de 1,6 millóns de euros (aos
que haberÃa que sumar outra partida de igual contÃa por parte do Goberno
autonómico).
Na primeira fase do despregamento da TDT en España a nosa comunidade recibirá o
18,4% do investimento estatal, e dende a Xunta aseguran que con estes esforzos
será posible chegar ao 96% de cobertura para as canles privadas e un 98% para
as públicas na TDT en Galicia.
A Xunta tamén quere contar cos concellos, polo que teñen unha liña de
subvencións para o despregue de microrremisores dixitais (gap-fillers) que nos últimos 2 exercicios achegou 575.000 euros.
Deste xeito, os concellos interesados poden realizar estudos de cobertura no termo
municipal para atender as deficiencias de cobertura que poidan aparecer nos
mesmos.
