A Xunta destinará 150 mil euros en axudas ao sector dos videoxogos
martes, 10 de decembro do 2024
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dunha nova liña de axudas mediante a que destina 150.000 euros para o desenvolvemento do sector dos videoxogos na nosa terra. Investiranse até 25.000 euros en cada novo proxecto subvencionado, co fin de impulsar tanto a xeración de contidos galegos e en galego como a profesionalización e a creación de emprego por parte das empresas galegas que traballan neste ámbito.
Con estas contÃas, a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude contribuirá economicamente ás diferentes fases do proceso que culmina coa chegada ao mercado de novos videoxogos de selo galego, desde a súa creación e desenvolvemento, ata a produción, edición, distribución e comercialización. O obxectivo da convocatoria é apoiar un mÃnimo de seis novos proxectos, que disporán destas axudas para asumir até o 75% do seu orzamento subvencionable.
Para a súa concesión, en réxime de concorrencia competitiva, valorarase unha serie de criterios automáticos e técnicos, de acordo cos que se puntuará o interese cultural das propostas, a súa contribución á promoción do idioma galego e a súa capacidade de creación de emprego, con especial atención á incorporación das mulleres aos equipos, asà como á diversidade do público ao que se dirixen.
Terase en conta, asà mesmo, o carácter innovador e o valor engadido dos proxectos, a súa capacidade para xerar sinerxÃas con outros sectores, a súa viabilidade técnica e económica ou a incorporación de ferramentas de avaliación dos seus resultados, entre outros aspectos.
Poderán optar a estas axudas as empresas e autónomos do sector, para os que o prazo de solicitude estará aberto até o vindeiro 10 de xaneiro a través da sede electrónica da Xunta.
Trátase da primeira vez que o Goberno galego xestiona con fondos propios unhas subvencións para o desenvolvemento integral do ámbito dos videoxogos, que en 2022 foi obxecto doutra convocatoria ao abeiro do Hub Audiovisual Industria Cultural Galega e financiada cos fondos Feder dentro do eixo React-UE. A partir do diálogo co sector, as bases para 2025 introducen unha serie de modificacións tanto nos criterios de adxudicación como de xustificación cara a unha mellor adaptación á tipoloxÃa da meirande parte das empresas galegas que traballan nestes proxectos.
Este novo investimento da Xunta responde ao potencial creativo e tecnolóxico do sector en Galicia, coa finalidade de contribuÃr ao seu actual proceso de vertebración para incrementar a súa base e capacidade empresarial, asà como para lograr unha maior proxección social do seu traballo a través de propostas de calidade e competitivas no mercado global.