A Xunta e AGESTIC achegan as claves do negocio dixital aos empresarios de cinco polÃgonos industriais da provincia de Lugo
martes, 9 de novembro do 2010
- Raquel Arias durante un acto celebrado hoxe
A delegada territorial
da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo presidente da Asociación Galega de
Empresas TIC (AGESTIC), José MarÃa López Bourio, presentou
hoxe a campaña Difundetic PEME, que se desenvolverá en 20 polÃgonos
industriais de Galicia, entre eles os de Foz, Begonte, Meira, Chantada e
Sarria.
A actividade, que
chegará a máis de 100 empresarios lugueses, baséase nun servizo móbil de
demostración tecnolóxica, no que un técnico consultor impartirá coñecementos
básicos sobre o DNI electrónico, a factura electrónica e a firma dixital, para
qué serven na súa xestión empresarial e, en consecuencia, coma poden
rendibilizar un proceso de cambio nas súas tarefas diarias.
É un servizo móbil de proximidade,
baixo o concepto de cara a cara,
evitando desprazamentos dos participantes. Está habilitado para traballar con
grupos reducidos (ata 8 persoas), e equipado con ordenadores.
A delegada territorial
sinalou a importancia de «estimular unha
cultura da innovación e facer ver ás PEME que as novas tecnoloxÃas da
información e da comunicación, o software e as aplicacións de xestión,
responden xa a un concepto de servizo esencial e resultan imprescindibles para
ser competitivos».
Arias afirmou que esta
campaña redundará «na mellora dos niveis
de penetración dos modernos modelos de xestión nas pequenas e medianas empresas»,
que tradicionalmente teñen máis complicado o acceso ás novas vÃas de
comunicación ao contar con poucos medios «ou
estar afatadas dos lugares onde se imparten con maior facilidade programas
formativos».
A dÃa de hoxe, segundo
lembrou a delegada, dentro do Plan de Banda Larga de Galicia, Retegal xa ten
realizado as labores de construción e adecuación das 17 torres que porá a
disposición do operador beneficiario e está realizando o despregamento da rede
de fibra óptica na provincia de Lugo.
EstÃmase que a finais de
novembro se inicie a comercialización en 9 concellos do sur de Lugo, o que
suporá que xa máis 21.000 habitantes poidan acceder a finais de novembro a un
servizo de banda larga de calidade. E antes da fin de 2010, posibilitarase o
acceso á banda larga a través de redes sen fÃos a máis de 34.000 habitantes de
1.800 núcleos de poboación do sur de Lugo.