A Xunta incorporará algoritmos de IA para a análise de imaxes clÃnicas
xoves, 29 de xaneiro do 2026
A secretaria xeral técnica da ConsellerÃa de Sanidade, Natalia Lobato, explicou esta mañá no Parlamento de Galicia as principais liñas de actuación da Estratexia de dixitalización do Servizo Galego de Saúde, entre as que destacou a incorporación de algoritmos de intelixencia artificial para apoiar a análise de preto de 1,8 millóns de imaxes clÃnicas ao longo de 2026.
Segundo indicou, o departamento sanitario da Xunta prevé analizar anualmente arredor de 1,5 millóns de radiografÃas de tórax, 150.000 imaxes procedentes de cribados citolóxicos, 100.000 imaxes oftalmolóxicas e preto de 40.000 imaxes destinadas á detección dos cancros de mama e de próstata. A dÃa de hoxe, o Servizo Galego de Saúde xa procesou máis de 1 millón de imaxes médicas mediante intelixencia artificial nos ámbitos de urxencias e de atención primaria, fundamentalmente de tórax e musculoesqueléticas.
No marco da Comisión 5ª de Sanidade, PolÃtica Social e Emprego, Lobato detallou algunhas das iniciativas que o Executivo galego desenvolverá durante o presente ano no ámbito da dixitalización sanitaria, cunha estratexia orientada a avanzar cara a unha sanidade máis conectada e accesible, facilitando a relación dixital dos cidadáns coa Administración e mellorando a eficiencia dos procesos asistenciais.
Entre os proxectos previstos para 2026, salientou a consolidación e implantación total da historia clÃnica electrónica IANUS 5, que a finais de ano estará dispoñible para o 100 % dos profesionais do Servizo Galego de Saúde e dos centros sociosanitarios da comunidade. Asà mesmo, a ConsellerÃa de Sanidade desenvolverá un novo algoritmo para a detección da diabetes nas súas diferentes fases, que permitirá rexistrar e clasificar máis de 15.000 pacientes con esta patoloxÃa.
Outro dos obxectivos para este exercicio é completar a dixitalización do 100 % dos quirófanos dos hospitais públicos galegos, asà como dos servizos de AnatomÃa Patolóxica. Neste ámbito, prevese dixitalizar a totalidade das biopsias e autopsias realizadas nos centros sanitarios, o que suporá arredor de 1,4 millóns de cristais dixitalizados cada ano.
A Estratexia de dixitalización tamén pon o foco no paciente, coa posta en marcha dun asistente virtual baseado en intelixencia artificial xenerativa na aplicación Sergas Móbil, capaz de resolver dúbidas habituais, e co desenvolvemento dun sistema de acompañamento en tempo real para seguir o fluxo asistencial en urxencias e hospitalización.
No apartado de cifras, Lobato subliñou que a dixitalización e a conectividade do sistema sanitario público galego sitúano nunha posición destacada a nivel estatal e europeo, grazas a ferramentas como IANUS 5, Sergas Móbil ou a Plataforma de Teleasistencia Domiciliaria TELEA. Actualmente, uns 26.000 profesionais acceden diariamente á historia clÃnica electrónica, o que se traduce en preto de 60 millóns de accesos anuais, 58 millóns de anotacións clÃnicas e arredor de 80 millóns de receitas rexistradas cada ano.
O uso de Sergas Móbil continúa medrando de forma sostida: o número de usuarios que accederon á aplicación nalgún momento pasou de 1.636.834 en 2021 a 2.338.181 en 2025, mentres que os usuarios rexistrados en E-saúde incrementáronse de 960.894 a 1.478.800 no mesmo perÃodo. Pola súa banda, as citas de atención primaria xestionadas por canles dixitais aumentaron de 2.301.637 en 2021 a 9.394.907 en 2025, pasando do 13 % ao 28 % do total.
Finalmente, a evolución da plataforma TELEA reflicte tamén un forte crecemento, ao pasar dos 3.405 procesos de teleseguemento en 2021 aos 22.001 en 2025, e ao incrementar o número de biomedidas rexistradas de 221.633 a máis de 138 millóns no mesmo intervalo.
