A Xunta permitirá facer un seguimento das súas subvencións a través da Internet
martes, 29 de maio do 2007
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, explicou hoxe no Parlamento a
Lei de Subvencións de Galicia que está chamada a ser unha ferramenta de rigor e eficacia na xestión dos recursos públicos da nosa comunidade autónoma, así como
un referente para a transparencia na concesión de achegas ás administracións, entidades e particulares.
Fernández Antonio asegurou que “a lei responde a un novo modelo de Goberno caracterizado pola transparencia e o control rigoroso do
gasto público” para evitar “calquera tipo de prácticas clientelares”.
En relación á transparencia informativa hai que destacar que tódalas subvencións outorgadas deberán ser publicadas a través do Rexistro Público de xeito que o
destino dos recursos públicos estará accesible a calquera cidadán a través da Internet.
As novas tecnoloxías tamén xogarán un papel importante para axilizar a xestión administrativa xa que a presentación, a tramitación e a xustificación das
axudas se poderán facer por medios telemáticos para simplificar o papeleo e eliminar os trámites innecesarios.
