A aplicación móbil de Vigo permite consultar as prazas libres en cinco estacionamentos
mércores, 21 de agosto do 2019
O
Concello
de Vigo vén de presentar os detalles da máis recente actualización
da aplicación móbil municipal, con importantes funcionalidades
extra para veciñanza e residentes. A app Vigo, entre outras
cousas, dará conta do estado de ocupación dos aparcamentos da
cidade, permitindo consultar en tempo real as prazas libres en cinco
estacionamento. Nun primeiro momento, a app ofrecerá
información sobre media decena de instalacións (Policarpo Sanz,
Areal, Urzáiz, Independencia e Pintor Colmeiro), pero está previsto
sumar, de maneira paulatina, os restantes parkings.
O
alcalde Abel Caballero explicou que a última versión da aplicación
Vigo (1.1.3) responde á importante demanda deste tipo de servizos e
informacións por parte dos residentes pero tamén da gran cantidade
de turistas que se achegan á cidade, tanto en verán (e sobre todo)
como no resto do ano.
“En
menos dun ano”, indicou o rexedor, “a ferramenta converteuse
nunha das aplicacións máis completas do ámbito das Cidades
Intelixentes estatais, e unha das mellores valoradas polos usuarios,
cun 4,7 sobre 5”. Tamén engadiu que desde o seu lanzamento, o 14
de novembro de 2018, a aplicación instalouse en máis de 20.000
dispositivos, dos que un 83% son Android e un 17% son iOS.
Na
sección Mellorar a cidade rexistráronse máis de 2.000
cidadáns que xeraron máis de 2.700 propostas de mellora nos últimos
8 meses, unha información “moi prezada” para o Concello, dixo,
engadindo que a ferramenta foi seleccionada por Google como número 1
en aplicacións populares no seu primeiro fin de semana de lanzamento
debido aos seus máis de 1.000 descargas en 2 días.
Caballero
avanzou máis novidades e seccións como é o proxecto de cidade
interactiva para finais de 2019, que permitirá o uso da app
como audioguía interactiva en museos, rutas turísticas ou, tamén,
en VigoZoo.
Igualmente,
facilitará información sobre farmacias de garda, de limpeza, mapas
da cidade ou mobilidade en bicicleta.