A asociación @asLAN elixe a Compostela para comezar o seu Tour Tecnolóxico

venres, 13 de setembro do 2013 Redacción

Participantes nunha das anteriores xiras da asociación

O vindeiro mércores -18 de setembro- a asociación @asLAN celebrará no Gran Hotel Araguaney de Santiago de Compostela o primeiro Foro da VIII Edición do Tour Tecnolóxico. O foro en cuestión contará coa intervención no acto de apertura (ás 09:10 h) do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia. Emporiso, o encontro -titulado Mobilidade e Cloud, dúas tendencias imparábeis- estará encamiñado a responsábeis de tecnoloxía e innovación en grandes e pequenas organizacións e enxeñarías. Cómpre dicir que neste evento desenvolverase un amplo programa, con conferencias sobre: BYOD, banda larga sen fíos (Wi-Fi, WiMax, LTE), redes definidas por software (SDN), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc... Dicir que patrocinarán este foro empresas como Cambium Networks, Huawei, Colt Technology, TomTom, APC by Schenider, Novell ou DELL, entre outras.
Engadía Jesús Pampyn (presidente da Asociación @asLAN) que: “A finalidade deste Tour, é profundar nestas dúas materias de grande actualidade: a mobilidade e o cloud (nube), dous grandes retos na actualidade. Axeitar as infraestruturas tecnolóxicas para construír unha contorna móbil e ser quen de desenvolver e inserir servizos en nubes híbridas, deben ser asuntos prioritarios na axenda dos responsábeis de innovación tecnolóxica de calquera empresa que queira salientar neste novo escenario, máis global e competitivo.”
A inscrición a estes eventos é de balde, podéndose realizar dende a web de @asLAN.

PUBLICIDADE