A canle en aberto Mega substituirá a GolT o vindeiro 1 de xullo
xoves, 28 de maio do 2015
O panorama audiovisual español continúa a recibir cambios, e
tras unha resintonización masiva que seguiu ao peche de varias canles, e a
convocatoria dun novo concurso de licenzas de TDT, temos un cambio bastante
máis leve, que limitarase unicamente aos contidos, pero que ten certa
relevancia, pois supón a constatación do fracaso da TDT de pagamento en España.
Atresmedia confirma que a canle deportiva de pagamento GolT abandonará a súa canle
de TDT este verán (pasando os seus contidos a integrarse na canle beIN Sports,
que poderá verse a partires de agosto en plataformas de televisión de pagamento),
e ao recuperar o programa decidiron cubrir o espazo con Mega,
unha nova oferta de contidos en aberto que en grande medida busca
aproveitar o oco deixado no mercado tras a desaparición de Nitro, Xplora e laSexta
3, ou sexa, que Mega terÃa como obxectivo un público masculino de entre 25 e 54
anos de idade.
Entre os contidos iniciais de Mega estarÃan series de televisión (Justified, Vikingos, Bonnnie and Clyde...)
documentais (Cosmos, Un mundo en guerra...) e factuals (Empeños a lo bestia, Locos
por los coches...), e a nova canle
televisiva botarÃa a andar o vindeiro 1 de xullo.
O nacemento de Mega parece ser a lousa sobre a lápida da TDT de pagamento en
España, que parecera dicir adeus en 2002 co peche de Quiero TV, pero que quixo
atreverse a volver coas canles Gol Televisión, AXN e Canal+ Dos, que foron
desaparecendo paulatinamente ante unha demanda ridÃcula por parte dos
espectadores (que no caso de contratar contidos de pagamento optaban antes polo
cable ou o satélite).
VÃdeo de presentación de Mega
