A convocatoria 2008 de Curtas na Rede incrementou nun 50% a participación
venres, 5 de setembro do 2008
A terceira edición do certame Curtas na Rede está xa enfiando o seu último treito. O concurso, organizado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude Galicia, pecha este luns 8 o seu prazo para presentación de pezas, entre as que se contan curtas, cápsulas e micromovies. Segundo datos dos dous órganos responsables do certame, a achega de obras en liña superou con moito as cifras acadadas nas anteriores edicións, sendo a participación (a tres dÃas do peche) un 50% maior ca na convocatoria de 2007. Deste xeito, Curtas na Rede 2008 conta arestora con 142 curtas, 20 micros e 30 cápsulas.
Durante o transcurso da presentación destes e outros datos (este venres no Club Internacional de Prensa), o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Xosé Fernández Iglesias, e a presidenta do CXG, Dolores RodrÃguez Amoroso, deron a coñecer a Bobi, a figuriña que irá dar a mans dos finalmente recoñecidos no concurso.
Por certo que o acto de entrega de galardóns celebrarase o vindeiro 29 de outubro no Teatro Colón da Coruña. Tanto Fernández Iglesias como RodrÃguez Amoroso tiraron proveito do encontro cos medios informativos de hoxe para mobilizar á meirande cantidade de novos directores galegos posible, xa que aÃnda queda tempo (aÃnda que pouco) para presentar pezas no certame. Un concurso que, precisamente foi obxecto deste ano dun incremento do 40% na contÃa dos premios.
Apoio de Guillermo Zapata ao concurso
Como broche final a esta edición, organizouse un relatorio ofrecido polo director Guillermo Zapata, autor da curta Lo que tú querÃas oÃr, que a dÃa de hoxe xa leva máis de 76 millóns de descargas a través da rede. No acto, que terá lugar no Club Internacional de Prensa, proxectáranse, ademais da exitosa curta, outra tamén da súa autorÃa chamada Y todo va bien.
Tras as proxeccións, Zapata dará conta do proceso de produción das súas obras e da súa promoción en internet. A convocatoria dirÃxese interesados no mundo da creación audiovisual e multimedia, que obterán pistas para moverse con máis soltura e éxito por internet.
Premios
En canto aos premios, este ano aumenta a contÃa nun 40% con respecto á pasada edición. AsÃ, contase cun total de 35.000 euros a repartir entre as diferentes categorÃas. Cada unha destas recibirá un máximo de 1.500 euros agás a categorÃa de animación que recibirá un tratamento especial tendo en conta o grande esforzo que implican os traballos. AsÃ, neste formato, o primeiro premio estará dotado con 3.000 euros, con 1.000 o 2º, e con 500 o 3º. Como novidade para esta terceira edición atopase o premio especial do xurado e do público, asà como os premios ao mellor guión e á mellor dirección.
