A coprodución galega A Crise Carnívora poderase ver en Sitges

venres, 5 de outubro do 2007 Marcus Fernández

A Crise Carnívora é unha película realizada integramente en Flash para a pantalla grande e producida pola galega Continental, a vasca Abrakam e a catalá Dream, dirixida por Pedro Rivero (tamén guionista xunto a Egoitz Moreno) e que conta coa dobraxe de actores coma Quique San Francisco, José Coronado, Pablo Carbonell, Mariano Pardo, Álex Angulo e Carlos Sobera.
A animación foi obra do estudio Nikodemo (popular polo superheroe Cálico Electrónico) e nestes días chegará ó Festival de Cine de Sitges na sección ANIMA T (nunha retrospectiva da mellor animación recente) contando en para a ocasión coa presenza de varios dos seus actores de dobraxe para apadriñar a súa posta de longo.
A Crise Carnívora é unha corrosiva comedia coral protagonizada por animais que conviven en paz grazas a un Pacto Vexetariano que non respecta unha hiena, que decide ir a un camposanto a devorar os cadáveres pero non atopa ningún, o que desencadea unha divertida historia na que se mesturan pucheirazos electorais, linchamentos, caimáns gais, guerra, política...


Trailer da película