A crÃtica sitúa a Halo 3 coma un dos mellores xogos de acción en primeira persoa
martes, 25 de setembro do 2007

- Cola neoiorquina para facerse coa nova entrega de Halo
Mañá chega ás tendas españolas a última entrega do
videoxogo Halo, que polo momento só
estará dispoñible para Xbox 360, e que promete ser unha das máis importantes
estreas da historia, que xa contou con grandes colas nos EE.UU. para facerse
con copias do xogo estrela de Bungie Studios.
|
Unha das primeiras video-revisións do xogo |
Halo 3 non só aproveita as prestacións
audiovisuais da Xbox 360, senón que tamén aproveita a potencia da Rede amosando
unhas opcións multixogador que realmente apaixonan ós seus seguidores.
Se ben aÃnda non está á venda en España, a crÃtica
internacional está a ser unánime, situando a Halo 3 coma o mellor xogo da súa categorÃa ata o momento, de xeito
que dende
GamePro comentan que é «o xogo máis
completo» que nunca xogaron; en
Ars Technica destacan a narración do xogo, o deseño dos distintos niveis,
as novas armas e vehÃculos e os inimigos (tanto en deseño como en intelixencia
artificial); en IGN chegan a afirmar que «é
difÃcil discutir o feito de que Halo 3 é o xogo máis completo
dispoñible para calquera consola»; dende 1Up destacan as funcións
de compartir capturas de pantalla, gravacións de partidas, configuracións do
xogo e mapas e aseguran que o Halo 3
permite diversión durante semanas ou meses; e dende Shack News non
quedan atrás o soster que Bungie «superou
calquera expectación razoable» para achegar a máis completa oferta
multixogador posible.
