A demo de El Poder de la Fuerza está a bater records de descargas

xoves, 11 de setembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 110.3 KB

LucasArts anunciou que a versión de demostración do xogo Star Wars: El Poder de la Fuerza bateu o record de descargas dende o seu lanzamento o pasado 21 de agosto no Bazar de Xbox LIVE superando o millón de descargas en 8 días (un día menos que a anterior marca).
Pero o éxito da demo non está só na consola Xbox 360 de Microsoft, senón que na PLAYSTATION Network tamén se rexistraron ata a data 2,3 millóns de descargas, polo que os usuarios da PS3 tamén están a amosar moito interese por este xogo que se estreará nos EE.UU. o vindeiro día 16, tendo que agardarse en Europa ata o día 19 para poder adquirilo nas súas distintas versións (pois aparte das consolas de alta definición tamén sairá para PS2, PSP, Wii, Nintendo DS e móbiles).

PUBLICIDADE