A derradeira aventura do Profesor Layton para Nintendo DS chegará en novembro

luns, 22 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Tras o éxito acadado polos xogo El Profesor Layton y la Villa Misteriosa, El Profesor Layton y la Caja de Pandora e El Profesor Layton y el Futuro Perdido, a saga de xogos de misterio e crebacabezas vai chegar á súa 4ª entrega para Nintendo DS (que precederá ao salto á 3DS) con El profesor Layton y la llamada del espectro, título que chegará ás tendas españolas en novembro e que vén de estrear páxina web oficial, na que se detalla que o xogo terá máis de 170 novos puzzles que desbloquearán segredos no caso que ten que resolver Layton nunha historia situada cronoloxicamente antes do seu primeiro xogo.
Parece ser que estariamos ante a derradeira entrega do Profesor Layton para a Nintendo DS, xa que no Xapón xa saíu o primeiro xogo da saga de Nintendo e Level-5 para a 3DS (El Profesor Layton y la Máscara del Milagro) e está anunciado outro xogo para a mesma plataforma no que Layton cruzarase con Phoenix Wright (da saga de xogos Ace Attorney), no que parece un sinal de que os estudos de máis éxito centrarán os seus traballos na nova portátil de Nintendo.

Layton deberá solucionar novos misterios na súa nova entrega para Nintendo 3DS
Esta nova aventura é unha precuela de El Profesor Layton y la Villa Misteriosa
Luke acompaña a Layton nesta misteriosa aventura

PUBLICIDADE