A directora de Microsoft Ibérica advirte ós políticos sobre as posibles distorsións dos problemas que se poden percibir a través da Internet

mércores, 11 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, durante o primeiro congreso Sociedade do Coñecemento e Democracia celebrado en Málaga (que contou coa presenza de líderes mundiais coma Al Gore, Mikhail Gorbachev ou Felipe González) advertiu ós políticos de que non deben confundir as opinións que reciben a través da Internet coas do conxunto da cidadanía, pois afirma que a Rede só a emprega unha minoría, e cidadán non equivale a internauta.
García sostén que a “verdade publicada” polos grupos que dominan as TIC poden “facer sentir” ós políticos como importantes certos problemas particulares que non son tal para o conxunto da sociedade.

PUBLICIDADE