A editorial Xerais estréase en Twitter

luns, 23 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O uso das ferramentas que achega a Rede ás empresas tradicionais non é moi habitual, pero en Galicia temos un claro exemplo de aproveitamento da Internet na editorial Xerais de Galicia, que non só conta cunha páxina web, un blog oficial, un espazo de seu en Facebook e, dende hoxe, unha conta en Twitter, que pretende axudar a consolidar a presenza da editorial nas redes sociais, buscando a participación dos seus lectores.
Esta nova iniciativa de Xerais anunciouna o seu director, Manuel Bragado, tanto no seu blogue como en Twitter, quedando constancia de que predicar co exemplo é o mellor xeito de promover o uso das novas tecnoloxías que están a cambiar o xeito de ver a Rede e as relacións interpersoais.