A empresa galega Tecalis entra no Clúster TIC

mércores, 24 de xaneiro do 2018 Redacción

A compañía galega Tecalis, centrada na consultoría e nos proxectos tecnolóxicos adicados á transformación dixital, vén de adherirse ao Clúster TIC Galicia, unha incorporación que reforza a vontade do Clúster de reunir ao macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia e darlle auxe, visibilidade e fortaleza.
Esta acción atópase inserida no proceso de expansión e crecemento que Tecalis ten co fin de converterse nun referente empresarial, empregando para iso a innovación nun contexto de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), que abrangue diferentes accións como é a colaboración con outras empresas do eido tecnolóxico galego.
Asemade, cómpre subliñar que Tecalis tamén quere apostar pola conciliación e igualdade aplicada ao seu persoal, traducíndose isto na súa incorporación ao Cluster TIC Galicia da man dunha muller, Berta Caro, nomeada Responsábel de Desenvolvemento Corporativo e de Negocio do grupo empresarial conformado por Tecalis. Así, Tecalis pon o seu gran de area de cara a combater a forte desvantaxe feminina que existe neste sector e, en xeral, no mundo TIC.

PUBLICIDADE