A enciclopedia virtual europea demora o seu lanzamento ata mediados de decembro
venres, 21 de novembro do 2008
Esta semana tiña
que arrincar Europeana como a
gran enciclopedia virtual europea accesible a través da Internet, contando no
seu inicio con 2 millóns de arquivos de todo tipo (entre cadros, fotografÃas e
toda clase de documentos dixitalizados) achegados principalmente dos arquivos
franceses (os máis dixitalizados de Europa) mentres que apenas o 1% dos
contidos corresponden a España.
Pero este ambicioso proxecto que quere chegar aos 10 millóns de artigos en 2010
e conta cun orzamento de 450 millóns de euros (principalmente de xeito
indirecto) non soubo empezar con bo pé, e ante a avalancha de usuarios
interesados en botarlle unha ollada na súa estrea colapsouse o seu servidor
web, polo que agora xa anuncian que non volverán a estar operativos ata
mediados do mes de decembro.
