A feira E3 serve de taboleiro de anuncios das novidades sobre videoxogos que chegarán durante o resto do ano

mércores, 11 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Do 11 ó 13 de xuño se celebra a feira do videoxogo en Los Ángeles, o E3, que comezou con presentacións de xogos por parte dos principais fabricantes, que anunciaron o que serán os videoxogos que chegarán ó mercado nos vindeiros meses.
Unha das primeiras empresas en amosar as súas cartas foi Microsoft, presentando o novo trailer de Halo 3 e mesmo unha nova edición especial da Xbox 360 de cor ver cun deseño inspirado no devandito xogo. Tamén avanzaron o que serán Resident Evil 5, Naruto: Rise of a Ninja, Scene it?, Viva Piñata: Party Animals e Call of Duty 4, e confirmaron que o impresionante Gears of War sairá no Nadal para Windows XP e Vista.
A Xbox 360 tamén contará con novos accesorios, como o Chatpad (un teclado que se pode acoplar ó mando da consola para chatear) e versións en cores azul escuro e rosa dos mandos da consola de alta definición. Outro anuncio de Microsoft que tamén podería sorprender a algúns é que o Market Place de Xbox incluirá película de Disney en alta definición.Deixando a Microsoft un pouco de lado, tempos que Electronics Arts tamén presentou os seus moitos xogos en elaboración, que van dende as novas entregas dos seus xogos deportivos ata o Boogie ou o MySims.
Nintendo tampouco decepcionou ós asistentes á feira do lecer electrónico, pois os 60 xogos para Wii e 300 para DS que hai na actualidade incrementarán o seu número con 100 novos xogos para Wii e 140 para DS, polo que os usuarios destas consolas poderán ver máis que satisfeitas as súas necesidades de diversión.

Miyamoto presentando a Wii Balanced Board

Na presentación en Las Vegas Nintendo amosou o Wii Zapper, a pistola para Wii, que custará 20 dólares e sairá este ano e que non será a única novidade hardware para a Wii, senón que tamén sairá a Wii Wheel (unha especie de volante para os xogos de carreiras) e a Wii Balance Board, que será unha especie de alfombra que servirá para xogar a Wii Fit (un revolucionario xogo de aerobic).
No tocante ós xogos, puidéronse ver o novo Soul Calibur, o Dragon Quest para Wii, o Smash Bros. Brawl (un dos xogos máis agardados), o Zelda: Phantom Hourglass, o Metroid Prime 3, Mario Strikers, Guitar Hero III, Super Mario Galaxy e moitos outros podendo destacar detalles coma que o Mario Kart para Wii contará cun modo de batalla en liña e a Nintendo DS terá o seu Cooking Training.
O outro grande competidor no mercado, Sony, tamén fixo o propio no primeiro día do E3, e aproveito a situación para anunciar as rebaixas de prezo da PS3, e amosar novos xogos para as súas consolas. Tamén presentaron unha nova PSP, que destaca por reducir o seu peso un 33% e mellorar a súa autonomía e os seus tempos de carga.
Tamén anunciaron o lanzamento de PlayStation Home para o outono, que será coma o Second Life para PS3, pero que incluso podería interactuar cos móbiles dos usuarios.
No tocante ós xogos para PS3, Sony promete mellorar o seu pequeno catálogo con 200 novos títulos antes de rematar o ano, entre os que destacarían Unreal Tournament 3, Metal Gear Solid 4, Heavenly Sword, un novo Ratchet & Clank, Gran Turismo 5 Prologue e Killzone 2.
Deste xeito, a apertura do E3 se converteu nunha toma de posicións dos máis importantes fabricantes para ver cal das súas plataformas gaña a carreira por facerse con máis usuarios, dando a impresión de que Nintendo, sen ter que esforzarse moito (non presentou ningunha novidade revolucionaria), está a conseguir.

PUBLICIDADE