A galega Decorado, Goya á mellor pelÃcula de animación
luns, 2 de marzo do 2026
A cinta galega de animación en 2D Decorado logrou facerse na noite deste sábado 28 de febreiro co premio Goya á mellor pelÃcula de animación na gala celebrada en Barcelona e suma un novo gran éxito na súa traxectoria. Dirixida polo coruñés Alberto Vázquez (director tamén de Unicorn Wars, un dos grandes éxitos recentes da animación galega e española), Decorado é unha fábula distópica, que combina humor e terror para construÃr unha alegorÃa sobre o control social e o artificio da vida contemporánea.
A pelÃcula, que conta coa participación da Televisión de Galicia, está producida por Chelo Loureiro (Abano Producións), Iván Miñambres (Uniko), José MarÃa Fernández de Vega (The Glow) e Nuno Beato (Sardinha em Lata).
Decorado suma este premio Goya aos galardóns recollidos desde a súa estrea, nos premios Forqué e nos festivais Fantastic Fest, un dos certames do xénero máis importantes do mundo, en Austin (Texas, EEU.UU.), e no Animation Is Film, de California.
Decorado foi unha das cintas seleccionadas na convocatoria da Televisión de Galicia de apoio ao cinema de 2024. Con guión de Alberto Vázquez e Francesc Xavier Manuel, Decorado é unha produción de Abano Producións, Uniko, The Glow, MarÃa y Arnold A.I.E e Sardinha Em Lata. O proxecto conta co respaldo de TVG, RTVE, ETB, Movistar Plus+, ICAA, AGADIC, a Deputación de Badaxoz, o Goberno Vasco e a Deputación Foral de Biscaia.
Sinopse
Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio decáese, a súa vida parécelle absurda e empeza a sospeitar que todo á súa ao redor é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold convéncese de que algo non encaixa. O que comeza como unha paranoia cotiá convértese nunha fuxida desesperada cara a algo que se pareza, aÃnda que sexa un pouco, á liberdade. Longametraxe baseada na aclamada curtametraxe homónima do propio Alberto Vázquez de 2016.
