A grandes empresas deberán facilitar un medio de interlocución telemática con sinatura electrónica
luns, 9 de febreiro do 2009
O Ministerio
de Industria, Turismo e Comercio vén de anunciar que as grandes empresas
que emprestan servizos ao público considerados de especial transcendencia
económica (electricidade, auga e gas, telecomunicacións…) deberán, dende agora,
facilitarlles aos seus usuarios un medio de interlocución telemática con
sinatura electrónica para a realización de diversas xestións.
A medida comezará a aplicarse a
partires da entrada en vigor desta obriga contida na Lei de Medidas de Impulso
da Sociedade da Información, enmarcada no Plan Avanza, que prevé entre outras
cousas, a adopción de iniciativas normativas dirixidas a eliminar as barreiras
existentes ao espallamento e emprego das tecnoloxÃas da información e a
reforzar os dereitos dos cidadáns na Sociedade da Información.
Entre os novos dereitos cidadáns consagrados
na Lei, cómpre salientar que o pasado decembro entrou en vigor a obriga de que
as empresas de meirande tamaño e que acheguen servizos ao público considerados
como de especial transcendencia económica, faciliten aos seus clientes os
seguintes trámites:
Contratación electrónica de servizos,
subministros de bens, a modificación e finalización ou rescisión dos contratos…
asà como calquera acto ou negocio xurÃdico entre as partes.
Consulta dos datos de cliente, que
incluirán información sobre o seu historial de facturación de, polo menos, os
tres últimos anos e o contrato subscrito.
Presentación de queixas, incidencias, suxestións
e reclamacións, garantindo a constancia da súa presentación para o consumidor e
asegurando unha atención persoal directa.
Exercicio dos dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na normativa
reguladora de protección de datos de carácter persoal.
A fin de contas, o Goberno reforza os
dereitos dos cidadáns na Sociedade da Información, establecendo unha nova canle
de comunicación, alternativa ás tradicionais, que lle permitirá aos cidadáns
acceder á información relevante e realizar calquera tipo de transacción.
A partires de agora, calquera cidadán
poderá reclamar que a súa interlocución coas entidades obrigadas se leve a cabo
empreñando un certificado electrónico recoñecido como poder ser o DNI
electrónico. En calquera caso, esta obriga non exclúe outras formas de
contratación electrónica sen sinatura ou de outra natureza.
