A impresión volumétrica acada prezos razoables

luns, 17 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Nun momento no que a impresión 3D está moi de moda, xorden na Rede negocios con tecnoloxías semellantes, como Looking Glass, unha compañía que está a ofrecer a través da Internet unha solución de impresión volumétrica que definen como hologramas 2.0, e que consiste nunha serie de láminas transparentes impresas pegadas nunha peza para representar un obxecto tridimensional, tecnoloxía que xa ten o seu tempo, pero que agora chega a un prezo asumible: cada peza custa 65 dólares aos que habería que engadir 10 dólares de portes (polo que por uns 54 euros poderíamos ter unha destas curiosas pezas.
Os usuarios que queiran trasladar un momento dixitalizado tridimensionalmente, un deseño 3D ou un obxecto deseñado en tres dimensións só ten que rexistralo nun formato compatible (actualmente soportan ficheiros OBJ e PLY e prevén aceptar tamén ficheiros SKP) que podemos crear de numerosos xeitos (tanto con escáneres tridimensionais profesionais como facendo uso dun sensor de Kinect conectado a un ordenador) e remitilo vía web a Looking Glass para encargar a súa impresión nunha peza de 9 x 5 x 4 centímetros, sendo posible contactar cos responsables do servizo no caso de querer pezas de maior tamaño.


O servizo de Looking Glass explicado en vídeo

PUBLICIDADE