A mensaxe de Nadal da Raíña de Inglaterra púidose seguir a través de podcast

martes, 26 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Isabel II durante o seu discurso de Nadal

A raíña Isabel II de Inglaterra non quixo permanecer afastada dos cambios tecnolóxicos esta ano á hora de remitir a súa tradicional mensaxe de felicitación de Nadal á Commonwealth, de xeito aparte da súa distribución televisiva habitual, tamén se puido achegar a mensaxe a través de podcast (onde se atopaba a versión sonora en formato MP3).
Con esta iniciativa preténdese que a mensaxe da raíña británica chegue á xente de tódalas xeracións e, especialmente, ós mozos, máis afeitos ó uso das novas tecnoloxías, aínda que non queren esquecer que hai xente de calquera idade facendo uso das TIC, e mesmo a propia Isabel II ten un reprodutor iPod mini.
A Casa Real española, pola súa banda, limitouse a publicar na súa web o texto da Súa Maxestade na súa mensaxe navideña, mentres que na Internet circulan vídeos con parodias de anteriores mensaxes así como a mensaxe real do presente ano (aínda que non de fontes oficiais):