A primeira entrega de EA Sports FC presentarase o vindeiro xoves
luns, 10 de xullo do 2023
O ano
pasado EA Sports sorprendeu ao anunciar que
prescindirÃa da marca FIFA nos seus xogos de fútbol, selo que viñan empregando
dende finais de 1993, polo que este verán teñen que encarar o reto de lanzar
unha nova marca, EA
Sports FC, de xeito que no vindeiro curso, en vez de xogar ao FIFA
24 teremos nas tendas o FC 24, xogo que xa ten o seu tráiler de
presentación, e que o vindeiro dÃa 13 darase a coñecer en profundidade.
Pese a non estar baixo a marca FIFA, EA Sports FC contará coas competicións,
ligas e futbolistas máis importantes do fútbol masculino e feminino, manterá a fórmula
de éxito do Ultimate Team, e incluso realizará unha iniciativa social con
varios proxectos relacionados co fútbol (cun orzamento de 10 millóns de dólares
en 3 anos). En calquera caso, o investimento que terá que facer Electronic Arts
será moito menor do que pretendÃa cobrar a FIFA pola súa marca, e dado que
actualmente esta franquÃa de xogos non ten unha competencia real, o cambio de nome
non deberÃa pasarlle factura e probablemente quede como unha anécdota.
Tráiler de presentación do vindeiro EA Sports FC