A produtora de Gran Hermano decláralle a guerra ós blogs sobre o programa de televisión
venres, 28 de setembro do 2007
O éxito
do programa televisivo Gran Hermano levou á creación de distintos blogs que
tratan en exclusiva tal tema, o que non pareceu gustar á produtora Zeppelin
Televisión, que contactou
con varias destas páxinas web para indicarlles que está prohibido amosar vÃdeos
do programa sen autorización expresa da produtora (non constando que deran
tal autorización a ningunha web ata o momento).
Agora, Gran Hermanos, Gran-Hermano.tk, GranHermano9.info ou GranHermano.tv teñen que
limitar os seus contidos para evitar problemas legais, o que resulta
desconcertante, xa que a principal función destas páxinas web é falar sobre
o programa de televisión, o que se converte nunha amplificación do mesmo, ou
sexa, en publicidade de balde.
De feito, algunha das webs mencionadas gozaban de
moita popularidade, e para poder seguir operativas se viron na obriga de
retirar vÃdeos, imaxes e logotipos relacionados co programa de televisión do
que están a falar, o que crea unha situación absurda, que xoga en contra dos
afeccionados a un produto audiovisual, o que parece ir en contra de toda lóxica
de mercado, e responde só a unha protección excesiva de marcas e contidos que,
de espallarse, suporÃa a desaparición dunha boa parte da web.
