A rede social Catódicos ábrese ó público xeral

venres, 21 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os amantes das series de televisión poden atopar agora un complemento perfecto a súa afección en Catódicos, unha rede social creada por Iván San Martín en colaboración con Fivelab, que dende esta semana está libre ó público xeral tras un par de meses en probas.
A web de Catódicos permite consultar unha completa relación de series de televisión das que se pode acceder a unha ficha de cada unha coa información básica e unha guía de episodios coas súas correspondentes ligazóns para mercalos na tenda Amazon Unbox, velos directamente dende o navegador, descargalos a través de BitTorrent ou acceder ós seus subtítulos.
Polo momento o servizo está en inglés, aínda que traballan na súa tradución ó español, polo que será unha boa ferramenta para os adictos á ficción televisiva que queiran estar á última.

PUBLICIDADE