A retransmisión dos Xogos OlÃmpicos en diferido leva aos norteamericanos a seguir as probas pola Internet
luns, 11 de agosto do 2008
- Acendido do facho olÃmpico durante a cerimonia de inauguración dos Xogos de PequÃn
Os
Xogos OlÃmpicos de PequÃn estanse a converter no fenómeno mediático do verán, e
nesta ocasión están a pór a proba distintas tecnoloxÃas e solucións de
comunicación, asà coma servir para medir o peso da televisión e da web no seguimento
deste tipo de eventos.
Resulta especialmente destacable o feito de que nos EE.UU. decidiron emitir en
diferido as probas olÃmpicas, cunha demora de 12 horas, para que coincidan co
horario televisivo de máxima audiencia, o que parece que conseguiu o efecto
contrario ao perseguido, posto que moitos
espectadores acudiron á Rede para informarse e poder seguir os Xogos
en directo.
Non esquezamos que boa parte da emoción das retransmisións deportivas está no
descoñecemento dos resultados, polo que a emisión en diferido das probas lles
resta moito atractivo, confirmándose agora que a fórmula adoptada para as
retransmisións norteamericanas non parece a máis axeitada.
Tamén foi moi importante a aposta da NBC pola retransmisión a través da
Internet, aÃnda que a web NBCOlympics.com estea restrinxida xeograficamente, o
que poderÃa ser unha das causas polas que non
estean a acadar o tráfico previsto para o servizo do que agardan uns
beneficios de 1.000 millóns de dólares, no que consideran que é unha das
retransmisións máis ambiciosas que se desenvolveron ata o momento, cos 2.200
horas de vÃdeo ofrecidas a través da web.