A revista Playboy xogará un importante papel en Dead Rising 2

venres, 11 de xuño do 2010 Marcus Fernández

No outono chegará ao mercado o xogo Dead Rising 2 para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, que é un título de acción que poderiamos definir sinxelamente coma un mata-zombis, polo que está claro que o seu público obxectivo é maior de 18 anos, o que o fai apto para cousas coma que Capcom pechase un acordo coa revista Playboy para integrar no xogo detalles relativos á coñecida publicación fundada por Hugh Hefner, coma será a aparición de mozas vestidas de coelliños de Playboy, carteis anunciando a revista e incluso a posibilidade de recoller exemplares da mesma, que enriquecerían os contidos deste xogo que acada así unha curiosa integración cunha cabeceira que nos últimos anos está a apostar decididamente polos videoxogos e a tecnoloxía para procurar captar lectores, xa que a súa edición impresa leva varios anos nunha crise profunda que conseguen superar grazas aos ingresos dos seus negocios audiovisuais.

En Dead Rising 2 poderemos ver carteis promocionando a revista Playboy
No xogo aparecerán coelliñas Playboy

PUBLICIDADE