A revista Tempos Novos estrea edición dixital
mércores, 7 de maio do 2008

- Tempos Dixital é o nome que toma a edición electrónica de Tempos Novos
En
abril de 1997 chegou aos quioscos e librarÃas de Galicia o número 0 da revista
Tempos Novos, que durante os últimos anos pretendeu facer un seguimento da
actualidade do paÃs con independencia, incitando ao debate e á reflexión dende
as súas páxinas e, finalmente, da un paso evolutivo estreando unha edición dixital que, en vez de
chegar mensualmente aos seus seguidores, procurará actualizarse
semanalmente.
Tempos Dixital reparte os seus contidos nas seccións e PolÃtica, EconomÃa, Entreculturas, Ciencia e TecnoloxÃa,
Sociedade, Encontros e Comunicación, ás que
se suma unha hemeroteca
e a publicación en formato PDF dos suplementos da revista impresa (que polo
momento permite descargar
o número 5 de Protexta).
A nova páxina funciona con Wordpress (ferramenta de código aberto para a
publicación de blogs) e non se limita a ofrecer texto e imaxes, senón que tamén
inclúe gravacións sonoras e integra vÃdeos de YouTube.
