A revista Wired alza a Rock Band coma o xogo do ano
xoves, 20 de decembro do 2007
Cando se achega o remate do ano moitas publicacións
procuran facer un repaso do ano destacando os mellores produtos que chegaron, e
no mundo dos videoxogos parece que hai bastante consenso sobre os tÃtulos máis
relevantes, pois tanto CNet
como a revista Wired coincidiron na meirande parte dos seus Top 10, proclamándose
coma xogo
do ano Rock Band (segundo Wired).
A listaxe elaborada pola revista de San Francisco nace das opinións de Chris
Kohler, Susan Arendt, Chris Baker e Lore Sjöberg, e destaca, por esta orde, os
tÃtulos Rock Band, Super Mario Galaxy, BioShock, The Orange Box,
The Lengend of Zelda: Phantom Hourglass,
Mass Effect, Call of Duty 4, Crysis, Desktop Tower Defense e Crackdown. Esta relación de xogos constatarÃa
o feito de que as consolas de alta definición están a contar cons mellores tÃtulos,
seguidos do PC, mentres que as consolas portátiles e a Wii non contan con tantos
videoxogos memorables.
Pero a listaxe da revista Wired parece esquecer a algúns tÃtulos que si
aparecen na listaxe elaborada por CNet, coma son God of War 2, Uncharted:
Drake’s Fortune e Halo 3,
deixando fóra da relación o xogo de Zelda,
The Orange Box e Crackdown. Esta última relación de tÃtulos parece máis realista,
pois non se comprende a ausencia de Halo
3 (un dos grandes trunfos comerciais do ano para Xbox 360) ou de God of War 2 (un xogo que poderÃa marcar
o máximo nivel de desenvolvemento ó que pode chegar a PS2, e que poderÃa
permanecer no esquecemento dos redactores de Wired por terse estreado na
primeira metade do ano).
