A roupa dos loitadores de Soul Calibur IV poderá sufrir danos

luns, 2 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O xogo de loita Soul Calibur IV non dará que falar só polo feito de incluír coma personaxes extra a Darth Vader e a Ioda, senón que tamén destaca por incorporar unha innovación que engade realismo aos combates: as armaduras e a roupa dos loitadores poderán sufrir danos. Cando se lancen fortes ataques contra algúns personaxes saltarán anacos de armadura e rachará a súa roupa, ou sexa, que faría algo semellante ao que acontece con algúns xogos de carreiras de coches, nas que os choques deixan a súa marca na aparencia dos vehículos (e mesmo no seu rendemento).


Trailer do xogo que chegará no verán

PUBLICIDADE