A secuela de Rock Band chegará aos EE.UU. en setembro

martes, 1 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Cando o xogo musical Rock Band aínda non se vende en España dende Harmonix xa anuncian que en setembro chegará aos Estados Unidos unha secuela para Xbox 360 (e máis adiante para PS3 e Nintendo Wii), descoñecéndose aínda cando chegará ao mercado europeo (o que indigna aos seguidores destes xogos, que se senten moi maltratados pola política de lanzamentos desta saga).
O título do novo xogo será Rock Band 2: The Opening Act e nun principio xa aseguran que o novo título será compatible cos accesorios e cancións que os usuarios teñan adquirido coa anterior entrega (que xa superaran os 15 millóns de descargada) e a mediados de mes se poderán coñecer máis detalles do xogo co gallo da feira E3.
Rock Band 2 chegará nun momento no que se terá que bater coa competencia de Guitar Hero: World Tour, polo que deberá incorporar innovacións que melloren a experiencia de xogo neste tipo de títulos.

PUBLICIDADE