A segunda canle da TVG estrearase o vindeiro 25 de xullo
luns, 7 de xaneiro do 2008
A Televisión de Galicia contará con novas canles de Televisión Dixital
Terrestre, e a segunda das mesmas xa ten data de saÃda, o vindeiro 25 de
xullo, coincidindo co 23º aniversario da TVG.
A nova canle galega levará por nome G2, será só dixital e terá uns custos de
entre 1 e 2 millóns de euros, centrándose o inicio desta canle na difusión da imaxe
de marca e na continuidade, posto que nun primeiro momento se nutrirá de
contidos dos que xa ten os dereitos a TVG, pero atendendo
ós sectores máis excluÃdos da programación, que será moi infantil , cultural ou
xuvenil segundo o director do ente, Suso Iglesias. Tamén atenderá ó servizo
público coa emisión en directo das sesións do Parlamento de Galicia e ofertará
programación alternativa (cine en versión orixinal e deportes pouco
habituais entre o grande público).
A TVG non ten que afrontar só o reto de crear novas canles nos vindeiros anos,
senón que tamén está a traballar na dixitalización dos seus sistemas internos. Esta
modernización tamén poderÃa levar á ampliación do cadro de persoal da CRTVG ou
o uso de servizos externos.
G2 se emitirá na canle de TDT que actualmente inclúe a programación
internacional de A Galega, e para 2010 agardan contar tamén cunha canle con
novas as 24 horas. Incluso a TVG poderÃa contar con máis canles dixitais no
futuro, que mesmo poderÃan ser de alta definición, aÃnda que na actualidade os
esforzos se dedican a mellorar a cobertura da TDT en Galicia.
