A serie Rapa estrearase dentro dun mes

martes, 19 de abril do 2022 Marcus Fernández

A serie de televisión Rapa, creada por Pepe Coira e Fran Araújo e dirixida por Jorge Coira e Elena Trapé, composta por 6 episodios de 50 minutos, ten finalmente data de estrea: o xoves 19 de maio. Nesa data Movistar Plus+ estreará de vez esta produción de Portocabo filmada principalmente en Cedeira e Ferrol.
A trama de Rapa bota a andar coa asasinato da alcaldesa de Cedeira. A investigación correrá a cargo da sarxento Maite, quen tentará descubrir a identidade e motivación do asadino, para o que contará coa colaboración dunha única testemuña, Tomás, un profesor de instituto interpretado por Javier Cámara.
Neste thriller ambientado en Galicia participan actores como Lucía Veiga, Eva Fernández, Toni Salgado, Ricardo Barreiro, Berta Ojea, Jorge Bosch, Santi Prego, Paula Morado, Adrian Ríos, Iria Sobrado, Tito Asorey, Mabel Rivera, Victor Mosqueira, Nacho Castaño e Lara Boedo.

Vídeo de adianto da serie

PUBLICIDADE