A serie de televisión Bleach terá videoxogos para Nintendo Wii e DS

luns, 9 de xullo do 2007 Marcus Fernández

A Nintendo Wii sacará proveito dos seus mandos para replicar as técnicas de combate da serie de televisión

No mes de setembro estrearase en España en formato DVD a serie de animación Bleach, que Sega tamén achegará ás consolas europeas Nintendo Wii e DS en 2008 en dous títulos diferenciados.

Xogo 2D para Nintendo DS

Así, os usuarios da Nintendo Wii poderán empregar o seu Wiimando e o seu Nunchaku para xogar a Bleach: Shattered Blade que permitirá seguir a historia dende a perspectiva dos seus 32 personaxes, mentres que na Nintendo DS o xogo Bleach: The Blade of Fate ofrecerá acción 2D na que podemos elixir entre máis de 28 personaxes.
Estes novos xogos seguirán os parámetros habituais dos videoxogos de loita con espadas, mentres que aproveitarán as revolucionarias interfaces de xogo da Wii e a mobilidade da DS (podendo contar mesmo co combate multixogador grazas á Wi-Fi da consola portátil).

Trailer do xogo para Wii:
Imaxes do xogo para DS:

PUBLICIDADE