A última actualización da PSP no Xapón permite acceder a través da Rede ós contidos gardados na PS3

xoves, 31 de maio do 2007 Marcus Fernández

Sony estreou no Xapón a versión 3.50 do firmware da súa consola portátil que sorprende ó incorporar unha funcionalidade chamada Remote Play que permite acceder a través da Internet a contidos audiovisuais da PlayStation 3 doméstica que conte coa versión 1.80 do seu firmware.
Deste xeito, aínda que non se poida xogar remotamente, os usuarios da PSP poden ver vídeos, música e imaxes que estean na súa PS3.
Aparte desta impresionante innovación, o novo firmware tamén inclúe unha guía de canles RSS, ou sexa, que se fai máis doado o achegamento de fluxos RSS á consola portátil.

PUBLICIDADE