A videoblogueira Amanda Congdon deixará o seu espazo semanal en ABC News

luns, 24 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O feito de que Amanda Congdon saltase dun videoblog á canle televisiva ABC News parecía marcar un momento histórico que podería levar ás grandes cadeas a facer fichaxes na Internet, pero parece que o experimento non resultou de proveito, e ABC News deixará de emitir o espazo semanal da «primeira videoblogueira en promocionar a unha grande cadea».
Congdon comezara a súa carreira no videoblog Rocketboom, o que deixara problema certos problemas co seu socio en tal iniciativa, o que a levara a facer percorrido polos Estados Unidos no vlog Amanda Across America que constataba que non era só un busto falante, o que levou a ABC News a facerse cos seus servizos, pero finalmente non parece que o formato que tan ben funciona na Internet sexa axeitado para a televisión.
A experiencia en ABC News foi enriquecedora para Amanda, quen afirmou no seu blog que era ela a que non estaba interesada en continuar co proxecto actual, que aínda durará un par de meses máis (ata completar o ano en emisión).
Na Internet tamén se rumorea que Amanda Congdom podería estar a traballar con Mario Librandi para lanzar o novo proxecto en 2008.