A vindeira fin de semana poderemos ver Apple TV+ de balde
luns, 30 de decembro do 2024
- A segunda tempada de Separación (Severance) chegará a Apple TV+ en xaneiro
Unha das plataformas de streaming ás que lle está a custar máis traballo callar entre a poboación é Apple TV+, en boa medida polo problema de marca que supón asociarse á compañÃa da mazá (que pode levar a entender que é preciso contar con equipos de Apple para gozar do servizo), e para contribuÃr á súa difusión ten agasallado perÃodos de proba de distintos xeitos, pero nesta ocasión aposta por algo diferente: a vindeira fin de semana Apple TV+ será de balde.
Os dÃas 4 e 5 de xaneiro poderemos gozar dos contidos de Apple TV+ sen pagar subscrición, o que pode levar a algúns a descubrir, por exemplo, series como Severance e Mythic Quest, que en xaneiro estrean novas tempadas; ou que dean unha oportunidade a series de longo percorrido e grande sona como Ted Lasso e Slow Horses.
En calquera caso estamos ante unha xogada máis para tentar que remonte unha plataforma que, pese aos seus millonarios investimentos en produción propia, seguen sen gañar o favor do público, estimándose que nos EE.UU. só ocupa o 0,2% do consumo de televisión, e que Netflix só precisa dun dÃa para superar as horas de visualización que ten Apple TV+ nun mes.