A voda real británica poderá seguirse en directo a través de YouTube e Google Earth
martes, 19 de abril do 2011
O venres 29 de
abril o PrÃncipe William e Catherine Middleton contraerán matrimonio en
Londres, pero esta voda real non é do
interese só para os británicos, senón que hai público de todo o mundo que quere
seguir o evento en directo, polo que dende Google decidiron prestar certa
atención ao enlace, de xeito que poderá
seguirse a súa retransmisión televisiva a través da canle oficial da monarquÃa
británica en YouTube, na que tamén poderán lerse comentarios en vivo sobre
a cerimonia e incluso permitirán o seguimento
da procesión nupcial a través a vista en 3D de Google Earth, tanto dende o
ceo como nunha vista real, na que
poderase recrear o punto de vista dos noivos durante a súa ruta á AbadÃa de
Westminster (o que permitirá ver as casas do Parlamento, o Big Ben ou a
residencia presidencial no número 10 de Downing Street.
YouTube tamén conta cun libro de visitas
en The Royal Channel, facilitando
que comunidade de usuarios deixe mensaxes de felicitacións á parella que
celebra o seu enlace a semana que vén.
A procesión nupcial poderase seguir a través de Google Earth
A través de YouTube tamén pode felicitar o enlace á feliz parella británica
