A web galizacultura.org: eixe da actividade arredor do 150 aniversario de Castelao

luns, 31 de xaneiro do 2011 Fernando Sarasketa

Os días que estamos a vivir son días de homenaxe a un dos persoeiros máis representativos da nosa cultura e o noso potencial como pobo desenvolvido e orgulloso de seu. Falamos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de quen se cumpre o 125 aniversario do seu nacemento, a quen xa se está a homenaxear en localidades como a Santiago, Ourense A Estrada ou Foz.. Pois ben, amais das actividades presenciais (conferencias, mostras, accións lúdicas) que lidera Galiza Cultura (federación de asociacións culturais de Galicia), cómpre informar que a Rede tamén dá acubillo a un importante labor de recoñecemento. O eixe desta actividade é a web galizacultura.org, páxina que o equipo organizador quere empregar como fonte de información non manipulada de tódalas e cada unha das vertentes de Castelo: político, artista plástico, dramaturgo, literato, etc.
A web, que se presenta como unha ferramenta de consulta de primeira liña para saber que actividades de homenaxe nos collen máis preto e quen as organiza, tamén incorpora un amplo catálogo de material gráfico (carteis, logos) sobre o escritor rianxeiro, amais dunha sección de vídeos que irá recibindo incorporacións ao longo dos seguintes días e a medida que se vaian desenvolvendo diferentes eventos.

PUBLICIDADE