Román RodrÃguez visita ás instalacións da Axencia Galega de Innovación
martes, 30 de abril do 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez, visitou hoxe as instalacións da Axencia Galega de Innovación (GAIN) para coñecer os seus equipos e funcionamento tras a incorporación da mesma ao seu departamento. Durante o percorrido xunto á nova directora, Carmen Cotelo, o titular de Educación reafirmou o seu compromiso co talento do I+D+i galego, co obxectivo de situar Galicia como un referente no eido da investigación e ciencia.
O representante da Xunta de Galicia estivo acompañado polo secretario xeral técnico, Manuel Vila, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez. Con este último departamento, destacou Román RodrÃguez, traballarase para potenciar as sinerxÃas existentes coa Axencia Galega de Innovación.
- RodrÃguez estivo acompañado pola directora de GAIN na súa visita